sábado, 29 de octubre de 2011


LECTURA MANIFIESTO EN EL BARCO DE VALDEORRAS, 27 OCTUBRE


PROSADI EN EL BARCO, "SOMOS UNHA AREA" 27-10-2011


O modelo de Sanidade Pública e o seu financiamento a debate


MESA REDONDA


O modelo de Sanidade Pública

e o seu financiamento, a debate


Xoves día 3 de novembro ás 20 horas no Salón de Actos da Casa Sindical

(Parque de San Lázaro nº 12, Ourense)

Participan representantes de Partido Popular, Partido dos Socialistas de Galicia PSOE, Bloque Nacionalista Galego e Esquerda Unida

viernes, 28 de octubre de 2011


Valoración mobilizaci​óns 27 outubro SOS Sanidade publica


A Plataforma SOS Sanidade Pública valora as miles de persoas que se mobilizaron nas diferentes áreas sanitarias de Galicia como un formidable respaldo ao sistema sanitario público e un rexeitamento ás políticas de recorte e privatización que está desenvolvendo a Xunta e a Consellería de Sanidade.


Esta nova mostra de vontade cidadá demostra que a maioría dos galegos, por encima das súas lexítimas posicións políticas, aposta por manter o carácter público do sistema sanitario que garante o acceso equitativo e universal aos servizos de saúde , e non está disposta a tolerar que co pretexto da crise sanitaria recórteselles ou privatice un dos seus dereitos fundamentais.


Os cidadáns das diferentes áreas sanitarias mobilizáronse en contra dos recortes do orzamento de sanidade; da privatización dos novos centros hospitalarios e de saúde e dos plans directorios dos xa existentes; da paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria; do peche dos centros públicos pola tarde e o desvío de pacientes a centros privados; do incremento e maquillaxe das listas de espera; da supresión dos radiólogos nas urxencias dos hospitais comarcais; do desmantelamento das áreas sanitarias; do peche de servizos de laboratorio; da supresión de ambulancias; da privatización dos servizos de diálise; da privatización da Informática, Central de Compras e de Chamadas ; do despedimento e deterioración das condicións laborais de profesionais e traballadores sanitarios;?en definitiva da política privatizadora dunha administración que non cre na sanidade pública e que aposta polo mercado e a competencia, á que estorba en actual Sistema Público Universal baseado na solidariedade social.

Esta enorme mobilización mostra que a cidadanía non se cre as mentiras dunha Consellería que basea a súa estratexia na mentira e a desinformación por temor á reacción cidadá.


Desde SOS Sanidade Pública consideramos que a esixencia de dimisión da Conselleira Farjas é un clamor social que debería ser escoitado por Núñez Feijoo e facerlle cambiar a súa política sanitaria.


Manuel Martin

Potavoz SOS Sanidade Pública

jueves, 27 de octubre de 2011


Somos unha Area, El barco de Valdeorras 27-O


manifestación en defensa da área en O Barco (27-X-2011)


Miles de personas piden en Valdeorras autonomía sanitaria (LA VOZ DE GALICIA)


Exigen que se mantenga la gestión hospitalaria sin depender de Ourense


La sanidad volvió a unir ayer a los vecinos del oriente ourensano en torno a una gran pancarta en la que podía leerse «Somos unha área» encabezando una manifestación multitudinaria (más de 6.000 personas según LA VOZ DE GALICIA) que recorrió la avenida principal que cruza O Barco hasta llegar a la plaza do Concello donde se leyó un manifiesto en el que se pide a la Xunta que Valdeorras mantenga la independencia en la gestión sanitaria.

Los convocantes insistían en que la gestión integrada no supone ningún tipo de ahorro por sí misma, salvo que implique la pérdida de servicios y especialidades. En el manifiesto recordaba que con el nuevo modelo de la Xunta las decisiones se tomarán en Ourense «dende un despacho moi alonxado da realidade social, económica, industrial e de dispersión xeográfica das comarcas de Valdeorras, Trives e Viana, co que volvemos a estar no mesmo punto que hai 20 anos cando houbo que loitar para que se recoñecesen eses condicionantes e se acadase a área sanitaria Valdeorras».

Los convocantes también aludieron a la falta de alcaldes del PP en la cita, recomendándoles que «tomen nota do Salnés onde os rexedores do PP sí saben estar cos seus veciños e loitar polo seu hospital».

Outubro, mes de manifestacións, en Ourense por Barrios

As mobilizacións das últimas semanas son tema de portada no número de outubro de Ourense por Barrios, no que damos conta dos motivos: a marcha por un cambio global do movemento 15-M, a protesta contra os recortes nos servizos públicos(NA QUE PROSADI COLABOROU ACTÍVAMENTE) e a concentración pola vaga de lumes que asolou a provincia.




Manifiesto SOS Sanidade Pública Área de Vigo


Boas noites á cidadanía de todos os concellos do sur da provincia e do contorno da Ría de Vigo, que hoxe facedes o esforzo de estar de novo aquí nesta gran manifestación, defendendo á Sanidade Pública.
E non estamos sos, esta noite en toda Galicia, hai miles de persoas na rúa como estamos nós.
Grazas a todas e todos os que fixeron posibles estas mobilizacións: Asociacións de Veciños, partidos políticos, asociacións profesionais, de mulleres, sociais, e tódolos sindicatos agás un, o sindicato corporativo médico que decidiu absterse, …como pode alguén absterse diante do recorte de camas e de prestacións á cidadanía?
Esta manifestación supón o reinicio doutras que seguirán NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA e fundamentalmente por UN HOSPITAL 100% PÚBLICO E SEN RECORTES para os 600.000 habitantes desta comarca.
Antes de nada queremos amosar a nosa solidariedade cos que sofren máis directamente as consecuencias desta crise creada polos especuladores e poderosos, responsables deste sistema inxusto. Queremos SOLIDARIZARNOS cos 60.000, si 60.000 PARADAS E PARADOS da nosa comarca, por elo o domingo 6 de novembro, ás 12 da mañá, estaremos, todas e todos, outra vez na rúa, na GRAN MANIFESTACIÓN convocada dende a pza de España, onde a cidadanía de Vigo e da súa comarca mobilizarase para esixir un cambio radical, un xiro nas políticas económicas e de emprego, que coloquen como obxectivo central o estímulo da actividade económica, do crecemento económico e, polo tanto, a creación de emprego.
---------------------------------------
A manifestación de hoxe ten que ser o reinicio doutras mais e mais importantes CONTRA O ATAQUE BRUTAL A SANIDADE PÚBLICA; se hoxe temos miles de persoas en listas de espera, peches de camas, quirófanos, urxencias saturadas , dotación insuficiente nos centros de saúde, merma de plantillas debido a non reposición do 100% das vacantes, falta de substitucións e mesmo centros sanitarios o futuro que nos están plantexando e aínda peor. Como exemplo valga os milleiros de persoas sen recursos que deixan sen cobertura sanitaria.
Queren construír un hospital xestionado de forma privada e que custará 1.800 millóns de €. E QUE SERÁ SOMENTES DE 900 CAMAS, e dicir catro veces mais caro do acordado fai 3 anos; privatizando unha parte do persoal, diminuíndo médicos e enfermeiras para facerlle fronte a un canon durante 20 anos que hipotecará a nosa sanidade.
O pasado martes a conselleira de sanidade aseguraba que o hospital tería 1.450 camas, pero a páxina Web de "Hill international”, empresa seleccionada para xestionar a construción do novo o hospital, o desminte e fala de 900 camas, e se temos en conta o peche do Xeral, Cíes, Rebullón e centros de especialidades, ¿que gañamos?.
Temos que facerlle fronte aos que queren converter a Sanidade NUN NEGOCIO en beneficio dos responsables da crise: construtoras, bancos e especuladores. NON NON NON A PRIVATIZACIÓN.
Queremos un Hospital público, cunha soia porta de urxencias para TODA a área sanitaria, con tódalas camas previstas e acordadas entre os profesionais e as forzas sociais, CUN GRAN CENTRO ONCOLÓXICO NO HOSPITAL DO MEIXOEIRO QUE SEXA REFERENCIA PARA TODO O SUR DE GALICIA. Queremos os mellores medios e tódolos profesionais necesarios para atender coa calidade que merecen os nosos veciños e veciñas.
Queremos que a incompetencia remate, comezando pola dimisión da Conselleira de Sanidade sra. Farjas que é incapaz de dicir unha soia verdade. Prometeu UN HOSPITAL PÚBLICO e fai un privado. Prometeu comezar as obras no ano 2009 e acaba de inicialas. Prometeu 5 centros de saúde novos na cidade de Vigo, nesta lexislatura, e nin os licitaron. E o centro de saúde de Navia que colleron xa en marcha e leva meses rematado e sen funcionar. E rematando polo Xerente do hospital incapaz de escoitar a voz dos profesionais e da cidadanía.
Os recortes na Sanidade Pública van sempre en contra da maioría social, en especial contra os mais desfavorecidos, e benefician ás empresas participantes da privatización.
Seguiremos.... Seguiremos.... e seguiremos até acadar unha sanidade pública de calidade para toda á cidadanía.
Vigo, 27 de outubro de 2011
SOS Sanidade Pública
Área de Vigo

Manifestación 27 de Outubro Área Sanitaria de Valdeorras.


6.000 persoas opóñense á xestión sanitaria da Xunta

Miles de persoas dan un tirón de orellas no Barco a Pilar Farjas protestando contra a súa xestión sanitaria e contra os recortes na sanidade pública.

A convocatoria da Plataforma en defensa da sanidade pública da área do Barco foi secundada por seis mil persoas que fixeron o recorrido sen incidentes. Malia a que o tempo ameazaba con chuvia, a auga non estivo presente na reivindicación que saíu de fronte ao Pavillón de Calabagueiros do Barco, recorrendo as rúas Conde Fenosa e Marcelino Suárez para rematar na Praza do Concello. Á manifestación sumáronse outras plataformas sanitarias como Prosadi Ourense, Pladesapu de Monforte, ou SOS Sanidade Pública (Galicia).

A marea violeta formada por pancartas, autocolantes e carteis desta cor coreou varias consignas, algunhas alentadas pola organización e outras espontáneas. Entre elas puidemos escoitar “Conselleira, trapalleira” “Feijoo, escoita, a área non se toca” ou “a Ourense de visita, aquí os especialistas”

Foi no remate cando se deu lectura ao seguinte manifesto:

O pasado 5 de agosto o Consello da Xunta de Galicia aprobou o decreto de xestión integrada de Ourense,Verín e O Barco de Valdeorras e o 30 de setembro a orde que o desenvolve. Este decreto supón na práctica (que non no texto) a desaparición como Área de Saúde de O Barco, que a integran as comarcas de Viana, Trives e Valdeorras.

Que supón isto para a cidadanía (usuari@s) destas comarcas?
1. Que a Área deixa de ter orzamentos propios, o que conleva por exemplo, que todas aquelas compras que se queiran facer no hospital por riba de 18.000€, teñen que ser autorizadas pola Xerencia de Ourense e non como até o de agora que se xestionaban dende a xerencia do Barco. Isto supón que se se precisa comprar un TAC (escáner), un laparoscopio ou unha mesa de quirófano, por poñer algúns exemplos de aparatos que custan máis de 18.000€, terá que autorizar a súa compra a xerencia de Ourense, quedando sen ningunha capacidade de decisión nin os profesionais do Barco, nin a xerencia barquense e a ninguén se lle escapa que non podendo negociar desde aquí, imos ser os primeiros en ter descubertas as necesidades de cada momento.

2. Suporá que no futuro, a curto ou medio prazo, os enfermos destas comarcas teñan que volver facer percorridos desde os seus domicilios a Ourense por cousas que até o de agora se fan no Barco (de feito xa se están a dar casos), tendo en conta que estas comarcas seguen a ter as peores comunicacións co resto de Galicia tanto por estrada como por ferrocarril. Vai supor que á enfermidade d@ paciente teremos que engadir os penosos e custosos viaxes destes e os seus familiares, algo que parecía desterrado en boa medida desde hai anos. Cabe destacar que hai distancias desde localidades da zona que entre a ida e volta a Ourense poden supoñer os 300Km.

3. Pode supor que especialistas que agora temos no hospital deixen de estar todos os días facendo o seu traballo aquí e empecen a vir as veces que considere a xerencia de Ourense, o que supón na práctica a desaparición real de especialidades como: dermatoloxía, uroloxía,cardioloxía, anatomía patolóxica,otorrinolaringoloxía e incluso oftalmoloxía.

4. Cabe lembrar que a sanidade é a industria máis importante das tres comarcas e que, de levarse a cabo as previsións da Xunta, é dicir, a desaparición de servizos no Hospital Comarcal de Valdeorras, suporá a redución de persoal en todas as categorías, como xa está a pasar no laboratorio, rehabilitación e servizos xerais, o que levará a engordar máis as listas do paro e a pouca proxección de futuro para os moz@s que queiran facer algunha especialidade sanitaria e traballar na súa comarca.

A saúde é un ben que mentres a gozamos pouco se nos acorda, pero non debemos esquecer que tod@s (á marxe das nosas crenzas, ideoloxía, raza, idade ou sexo) somos ou imos ser, usuari@s da sanidade e que, independentemente da comarca que residamos, temos dereito a unha sanidade pública (que pagamos tod@s cos nosos impostos) que garanta as mesmas condicións de atención e de proximidade no momento en que demandemos ser atendidos. O que esiximos a cidadanía (usuari@s) da sanidade pública de Viana, Trives e Valdeorras é que non se leve para Ourense o que tiñamos até o de agora e a obriga doGoberno galego é dar os servizos sanitarios preto dos cidadáns e non afastalos ou facelos desaparecer como se pretende co decreto de xestión integrada aprobado pola Xunta de Galicia.



6.000 persoas opóñense á xestión sanitaria da Xunta






6.000 persoas opóñense á xestión sanitaria da Xunta

Miles de persoas dan un tirón de orellas no Barco a Pilar Farjas protestando contra a súa xestión sanitaria e contra os recortes na sanidade pública.

miércoles, 26 de octubre de 2011


Manifestacións o 27 de Outubro en diferentes Áreas Sanitarias de Galicia


Mañá dia 27 SOS Sanidade Pública  convoca manifestacións en diferentes áreas sanitarias de Galicia en Defensa da Sanidade Pública e contra os recortes da Consellería de Sanidade 


Concentración en Santiago as 20.00 na Praza do Toural..
• En Vigo manifestación as 20.00 dende Hospital Xeral.
• No Morrazo sur acudiremos á manifestación de Vigo e no Morrazo norte á de Pontevedra
• Na Mariña a concentración será diante do Hospital en Burela
Concentración comarcal en Ferrol, na Praza de Armas ás 20 horas
• En Pontevedra a Manifestación ás 20:30 horas con saida dende a Praza da Ferreria
Lugo concentración ás 20 horas diante do Edificio Multiusos da Xunta
• A Plataforma da Barbanza convoca unha concentración ás 20.00 horas na praza do concello de Ribeira.
Monforte Charla Informativa dos medicos do Hospital no Pavillon Multiusos as 20,15 horas


POR QUÉ A PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA E AS PLATAFORMAS E ORGANIZACIÓNS QUE A INTEGRAN CHAMAN A MOVILIZACION CIUDADANA E PROFESIONAL EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA MAÑÁ DIA 27 EN TODA GALICIA

Mobilizámonos en contra dunha sanidade pública cun financiamento cada vez máis mísero e que vai camiño da indixencia, como paso previo á súa privatización

A nosa Sanidade Pública cuxo modelo organizativo e funcional é proporciona unha da asistencia de maior calidade do mundo está sostida grazas ao esforzo duns profesionais cada vez máis recortados e mal pagados

A Xunta de Galicia presentou uns orzamentos con importantes recortes en partidas esenciais para o sostemento das prestacións sanitarias

Orzamento  Consellería de Sanidade 2012 en millons de euros

año 2009
año 2010
año 2011
año 2012
Personal
1.556
1.614
1.560
1.559
Gasto Corriente
884
861
829
859
Trasferencias
985
991
933
895
Inversiones
150
124
64
58
TOTAL Consellería
3.656
3.633
3.547
3.531



Un ano máis, e van tres o orzamento descende respecto ao do ano anterior (este ano vólvese a reducir en 16 millóns de euros) , a pesar do crecemento da poboación, da inflación e da demanda sanitaria, o que conduce ao sistema ao seu descapitalización e deterioración a medio prazo.


Con todo crece o gasto en concertos sanitarios co sector privado que pasa de 204 a 207 millóns de euros.

Os capítulos de gasto que máis descenden son os de persoal (que se mantén nas cifras de fai catro anos o que supón unha brutal perda de capacidade adquisitiva dos sanitarios e a paralización de creación de novas prazas) e de investimentos (reduciuse en 6 millóns de euros respecto ao 2011 e a 92 respecto ao 2009) cos que se financian novos centros e equipamento sanitario.





A redución de investimentos que supón a paralización un ano máis (van tres) da construción do Novo Hospital de Vigo (que reducirá as súas camas de 1.490 a 900) , o Hospital Único de Pontevedra ampliando Montecelo, e os plans Directorios de mellora e ampliación dos de Ourense, Santiago e A Coruña e as obras de mellora noutros 9. Paralizáronse os plans para construír 66 novos Centros de Saúde e as obras para mellorar e ampliar outros 22.

Con estas paralizacións e recortes das obras de mellora e acondicionamento dos centros os hospitais vánllenos a facer a pedazos en procos anos. Se estas obras preténdense realizar con financiamento privado (que multiplica por sete o custo final das obras) o sistema farase insostible.

Con todo é a Atención Primaria a que máis recortes sofre, a pesar dos seus problemas de masificación (o 40% das cotas teñen máis de 1.500 cartillas por médico ou enfermeira) , escaso tempo e de capacidade resolutiva.

Este ano o orzamento de AP descendeu un ano máis nun 1,6%, o que supón un descenso acumulado do 13,6% nos últimos tres anos.



dif. 2009-2010
dif. 2010-2011
dif.2011-2012
Atención especializada
0,90%
-2,90%
1,10%
Atención Primaria
-4,20%
-7,80%
-1,60%


año 2009
año 2012
% orzamento AE sobre total
57,70%
59,24%
% orzamento  AP (sen farmacia)
12,36%
10,02%



A participación da Atención Primaria no orzamento sanitario baixou dun raquítico 12,36 % (debería ser polo menos o 25%) a un mísero 10,02%

Diferencia % gasto AE- AP ano 2009
31,96%
Diferencia % AE- AP ano 2012
40,29%


O diferencial de gasto entre a Atención Especializada e a Primaria ampliouse en 10 puntos en tan só 4 anos

Como consecuencia deixáronse de crear máis de 915 prazas nos centros de saúde dos que 193 eran de medicos de familia e 385 de enfermería (recursos previstos no Plan de Mellora de Atención Primaria que o Goberno de Núñez Feijoo non cumpriu a pesar de estar acordado e negociado con todas as organizacións de AP

Prazas orzadas pendentes de creación (no Plan de Mellora de AP) e que se anularon

2009
2010
2011
Total
Médicos de familia
94
74
25
193
Enfermeria
198
140
47
385
PSX
39
0
0
39
Pediatras
20
15
5
40
Matronas
10
10
3
23
Fisiotarapeutas
38
31
10
79
Odontologos
11
5
2
18
Hixienistas
21
17
5
43
Trab.  sociales
23
20
7
50
Auxiliares clínica
31
23
8
62
Total
485
364
66
915




Evidentemente o futuro da Atención Primaria como eixo do sistema está en cuestión con estas brutais reducións nos seus recursos

O orzamento de investigación (dos máis baixos da UE e do Estado , fundamental para garantir a calidade do sistema a medio e longo prazo), descenderon nun 19%


2011
2012
Reducción
Investigación
2,1
1,7
-19%
% gasto
0,06%
0,05%





É preciso reaccionar e mobilizarse para facer entender á Xunta de Galicia que cidadáns e profesionais non imos tolerar que se nos deteriore a Sanidade Pública e menos nunha crise estrutural que vai para anos, que é cando máis falta fai.

Manuel Martin Garcia
Portavoz SOS sanidade Pública