viernes, 28 de diciembre de 2012


Moción presentada por el PSdG de Ourense en la Diputación sobre el Hospital de Toén RECHAZADA POR EL PARTIDO POPULAR


O PSdeG esixe ó Presidente da Xunta que dea a coñecer á opinión pública o proxecto previsto para o antigo hospital psiquiátrico de Toén

 

O PSdeG, a través da deputada socialista Victoria Morenza, presenta unha iniciativa na Deputación de Ourense para activar o proxecto de rehabilitación do antigo hospital psiquiátrico de Toén

 

Ourense, 28 de decembro de 2012. 

·        16 de xaneiro de 2013 cúmprese 1 ano do traslado dos enfermos do psiquiátrico de Toén ó Hospital de Piñor
·        Para a maioría da poboación de Ourense esta data non é motivo de celebracións
·        Despois de 1 ano as consecuencias negativas do peche de Toén son moitas: perdéronse 70 camas de medicina interna en Piñor, produciuse unha dispersión no servizo e colapso continuado en urxencias 
·        Perdeuse tamén a posibilidade de pór en marcha o proxecto para habilitar un Centro de Rehabilitación de Pacientes con enfermedades de saúde mental en terreos de Piñor
·        Despois de case 1 ano o Goberno galego aínda non ten unha idea clara da finalidade que se lle dará ás antigas instalacións do hospital de Toén
·        O Goberno de Núñez Feijoo non aclarou ó longo destes meses qué utilidade se lle vai dar ó complexo ou se vai renunciar a eses terreos
·        O hospital está ubicado en terreos comunais e só se pode destinar a uso médico-asistencial
·        Dende diferentes colectivos e dende o Partido Socialista tense alertado sobre o posible risco no que se atopa a finalidade público-sanitaria dos terreos
·        No Parlamento galego o PSdeG xa ten preguntado sobre o futuro uso do complexo de Toén e ata agora o Goberno galego non deu unha resposta concreta
·        Existe inquedanza social ante a indefinición do uso sanitario público
·        O progresivo deterioro das instalacións tamén preocupa á cidadanía
·        Estase xerando ademais unha falta de seguridade das instalacións e a posibilidade de vandalismo, allanamento ou furto
·        O Partido Socialista esixe á Xunta que defina claramente no primeiro semestre de 2013 o futuro uso que está previsto darlle ás instalacións do antigo Hospital de Toén
·        Reclama o PSdeG q ue o Goberno de Feijoo se comprometa a iniciar o desenvolvemento deo proxecto no vindeiro ano
·        Alertan ademais sobre a necesidade de que a Consellería de Sanidade adopte medidas para evitar actos de vandalismo ou inseguridade nos edificios do antigo psiquiátrico
 
MOCIÓN INTEGRA PRESENTADA POR VICTORIA MORENZA
 
VICTORIA MORENZA DOFORNO, deputada provincial do GRUPO SOCIALISTA da Deputación de Ourense, en base ó previsto na Lei de Bases Reguladora do Réxime Local, ó artigo 91 e 97, entre outros, do R.O.F. e ó Regulamento da Corporación presenta unha MOCIÓN PARA QUE A XUNTA DEFINA O USO QUE SE LLE DARÁ ÁS ANTIGAS INSTALACIÓNS DO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE TOÉN, que espera sexa incluída na vindeira sesión plenaria en base á seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
                O 16 de xaneiro de 2013 cumprirase un ano dende o peche do Hospital Psiquiátrico de Toén. Pero para boa parte da cidadanía de Ourense lembrar o traslado dos enfermos de Toén a Piñor non é motivo de celebración, senón máis ben de loito.
                As consecuencias da decisión de pechar Toén son moitas: perdéronse máis de 70 camas de medicina interna en Piñor; dispersión deste servizo, colapso de urxencias, perda do proxecto para habilitar un Centro de Rehabilitación de Pacientes con enfermidades de saúde mental en terreos de Piñor, etc.
                Pero a penosa conclusión do peche é que despois de case un ano aínda non existe unha idea clara da finalidade que se lle vai dar ás antigas instalacións do hospital psiquiátrico. O goberno de Feijóo non aclarou ó longo destes meses qué utilidade se lle vai dar, non dixo se a Xunta vai renunciar a estes terreos. Hai que ter en conta que o hospital estaba ubicado nun monte comunal propiedade dos veciños. E non podemos esquecer que esta cesión dos terreos era para uso médico asistencial. 
                Dende diferentes colectivos e tamén o Partido Socialista ten alertado sobre o posible risco no que se atopa a finalidade público-sanitaria dos terreos. O PSdeG no Parlamento galego xa ten preguntado en reiteradas ocasións sobre o futuro uso do complexo de Toén, sen que polo momento recibiramos unha resposta concreta.
Esta iniciativa do Grupo Provincial Socialista pretende que se retome unha cuestión moi importante para a cidadanía da provincia: o futuro das instalacións do antigo psiquiátrico de Toén.
                Os motivos polos que o Grupo Provincial do PSdeG presenta esta moción son variados: 
1)     Existe unha inquedanza social ante a indefinición do uso sanitario público que o goberno de Núñez Feijoo pretende dar ós terreos.
2)     Tamén se percibe preocupación entre a veciñanza polo progresivo deterioro das instalacións co paso do tempo, sen actuación algunha para a conservación dos inmobles que compoñen o antigo complexo psiquiátrico.
3)     É fundamental ter en conta que ó non existir un seguimento e control das instalacións, estase xerando falta de seguridade e a posibilidade de vandalismo, allanamento ou furto de bens de titularidade pública.
 
Por todo elo é que o Grupo Socialista somete a consideración do Pleno a seguinte
                PROPOSTA DE ACORDO:
·         Esixir á Xunta a que defina claramente no primeiro semestre de 2013 o futuro uso que está previsto darlle ás instalacións do antigo Hospital Psiquiátrico de Toén.
·         Esixir ó Goberno galego a que adquira o compromiso de iniciar o desenvolvemento do proxecto para o complexo sanitario de Toén no vindeiro ano.
·         Reclamar que a Consellería de Sanidade adopte as medidas oportunas para evitar actos de vandalismo ou de inseguridade nos edificios do antigo hospital de Toén.
 
En Ourense a 27 de decembro de 2012.
 
Asdo.: Victoria Morenza Doforno

martes, 25 de diciembre de 2012


Desde Prosadi Ourense FELIZ NAVIDAD -Video Resumen 2012-

lunes, 24 de diciembre de 2012


En nombre de la Ejecutiva de ProsadiOurense


jueves, 20 de diciembre de 2012


A sanidade, cando é pública, é de todos

A sanidade, cando é pública, é de todos
Noela Blanco Rodríguez - Ourense



Ata hai un ano parecía imposible que alguén quebrantara unha sanidade pública construída durante moitos anos por todos e para todos. Pero está ocorrendo, cada día asistimos, entre a rabia e a impotencia, a como os gobernos do PP desmantelan o que durante décadas foi o pilar básico do noso Estado de benestar.
Noela Blaco -PsdeG-

Primeiro foron as diferencias entre os "de aquí" e os "de fóra", despois viñeron o repago dos medicamentos, ERE encubertos ao renunciar a repoñer prazas de persoal sanitario? ata que a semana pasada soubemos que haberá que abonar cinco euros por cada traxecto non urxente en ambulancia.

Non parece que estas medidas sexan eficaces e eficientes, nin que vaian encamiñadas a mellorar o sistema sanitario, senón que máis ben se dirixen a ir modificando, sen escrúpulos, a configuración do noso sistema sanitario público, desdibuxando cada vez máis os compoñentes de universalidade, equidade e accesibilidade que o caracterizan.

Pero entón, ¿a quen benefician os recortes? "Se a río revolto, ganancia de pescadores", a dereita remove as augas para que os grandes beneficados sexan as empresas privadas, que ven como os/as cidadáns responden ante estas medidas con medo a perder dereitos sanitarios, incertidume que provoca unha marea de contratación de seguros privados. Trátase de que, baixo a excusa da crise, a dereita aplique unha política de sufrimento ás clases máis desfavorecidas para privatizar o dolor, para obter beneficio da enfermidade.

No epicentro dos recortes,nos hospitais públicos e centros de saúde é donde se forman, crecen profesionalmente e desenrolan o mellor dos seus coñecementos a gran maioría de profesionais sanitarios do noso país.

Eses mesmos que a pesares de recibir un notable recoñecemento por parte dos cidadáns sofren tamén ataques aos seus dereitos laborais, soportan escandalosas condicións de traballo e teñen así mesmo enormes dificultades para seguir unha adecuada formación continuada.

Este colectivo, que está atendendo a pacientes cada vez con menos recursos, rechazando exclusións e chamando a atención para defender a sanidade pública está dando unha lección de responsabilidade.
A eles/as debemos amosarlles o noso agradecemento porque cada vez que se manifestan están recordándolle ao Goberno que a nosa saúde, a de todos, non está á venda.

martes, 18 de diciembre de 2012


El PP recahza la ILP en defensa de la SANIDAD PÚBLICA

La iniciativa legislativa popular (ILP) que pedía, entre otras cuestiones la gestión pública directa de la sanidad para "recuperar un sistema universal, público y gratuito" no ha contado con el apoyo de los populares gallegos, que a través del parlamentario Miguel Santalices ha reprochado a los promotores que "echó en falta su ayuda" para denunciar cuando "no se construía ningún centro de salud o se presentaban hospitales pero no se empezaban a hacer".




"Eché en falta su ayuda cuando se presentaban hospitales pero no se empezaron a hacer; eché en falta su ayuda cuando no se construía ningún centro de salud, eché en falta cuando se creó Galaria; eché en falta cuando se implantó el primer copago asistencial --teleasistencia--; eché en falta que no nos echaseis una mano cuando se querían suprimir 30 puntos de atención continuada", ha recriminado el diputado popular, a modo de "reflexiones" personales en referencia al bipartito, época en la que era portavoz de Sanidad de su grupo.

Sin embargo, pese a estas recriminaciones, el portavoz de la Plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, cerró el debate advirtiendo de que esta entidad "seguirá trabajando con todas sus armas" porque "peligra la sanidad"; y ha advertido a los dirigentes populares que contarán "incesantes muestras de posiciones en contra" contra las medidas.


"Hay dos alternativas: la que garantiza el derecho a la sanidad de toda condición; y las que niega y entrega los recursos al mercado medieval de la salud", ha advertido Manuel Martín, que sí ha recabado el apoyo de todos los grupos de la oposición --PSdeG, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) y BNG--.


En paralelo al debate parlamentario, unas 500 personas se concentraban en el exterior del Pazo do Hórreo para rechazar la "privatización" de la sanidad pública entre cánticos de 'Non pode ser, políticos corruptos e os enfermos a morrer' y proclamas de 'Sanidade universal e gratuita'.

Texto ILP En defensa de la Sanidad Pública Santiago 18 de Diciembre 2012


INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR

PARA A DEFENSA E A PROMOCIÓN DA

SANIDADE PÚBLICA EN GALIZA

PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA

 

Bo día a todas e a todos.

Señora Presidenta, señoras e señores deputados:

Estamos aquí en resposta ao berro de auxilio, ao S.O.S. que manda a Sanidade Pública ao conxunto da cidadanía, reclamando a súa defensa.

E estamos aquí pola forza desa cidadanía que, coas súas sinaturas, nos abriu a porta deste Parlamento para poder facer unha proposta de reforma da legalidade, en defensa dos intereses da maioría social.

Con esta iniciativa, e a través de vostedes, queremos reclamar a atención de sectores da sociedade que aínda non son conscientes do que nos estamos a xogar, e o que está en xogo é fácil de explicar: hoxe xogámonos á existencia da Sanidade Pública.

É dicir xogámonos que cando estamos enfermos teñamos un problema de saúde, …que xa chega!, ou teñamos dous problemas, un de saúde e outro económico, pois teremos que pagar unha parte da asistencia sanitaria, mediante copagos, repagos ou taxas, ao fin con un novo imposto á enfermidade.

E unha parte do que pagaremos será para incrementar os dividendos dos accionistas de grandes grupos financeiros e económicos, é dicir para que algúns fagan negocio coa nosa enfermidade, co noso sufrimento.

Somos conscientes de que para uns poucos isto non será un problema, pero tamén o somos de que nunha sociedade como a nosa, envellecida, coas pensións máis baixas do estado e os salarios, como o emprego, en franco retroceso, a desaparición da Sanidade Pública pode supoñer que moitas persoas non podan acceder aos tratamentos que precisan, ou non podan manter a continuidade dos mesmos.

Si, señoras e señores deputados, está nas súas mans continuar coas medidas políticas que só benefician a uns poucos e prexudican a moitos, persoas con enfermidades crónicas, pensionistas, etc. Ou cambiar esas medidas e apostar pola Sanidade Pública para todas e todos.

Señoras e señores deputados, vostedes xa saben que o problema non é que gastemos moito en sanidade, non lles vou descubrir que a nosa Sanidade pública custa moito menos que a da media dos estados da Unión Europea, e ademais ten os mellores resultados en saúde, vostedes sábeno ben e presumen diso cando lles interesa.

O que non din e que a Sanidade Pública é eficiente polo esforzo das e dos profesionais que traballan nela, que teñen que soportar peores condicións de traballo e económicas que as do resto da Unión Europea.

O que non foi eficiente foi a xestión privada de bancos, empresas construtoras e de comunicacións que inflaron  a burbulla e causaron a crise.

O problema é que unha parte de vostedes decidiu crear un sistema de financiamento para a Sanidade Pública baseado nos impostos relacionados co consumo, e non nas necesidades reais da prestación do servizo público, o que descapitaliza o Sistema Sanitario público  e contribúe, xunto cos recortes, a diminuír a calidade asistencial e poder xustificar así a posta en marcha das medidas privatizadoras.

Pero foi unha decisión política o seu modelo de financiamento, como o foi iniciar a súa privatización, non son razóns técnicas, non nos mintan…, non é que non haxa outro remedio, o remedio está nas súas mans, e a cidadanía ten que sabelo, o remedio está en que vostedes decidan apostar pola Sanidade Pública.

Pola contra, algúns deciden apostar por unha falsa austeridade que pon as bases para a privatización dos servizos públicos e para suplantar a seguridade social pública por un sistema privado de pensións. Esta falsa austeridade extenúa aos empregados públicos contra os cales teñen posto en marcha unha extraordinaria campaña de terror económico e desprestixio social.

A Plataforma cidadá SOS Sanidade Pública promove a Iniciativa Lexislativa  Popular coa finalidade de deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública impulsada polo Goberno Galego.

Con esta Iniciativa lexislativa intentamos garantir o dereito constitucional á protección da saúde da cidadanía galega, no marco dunha sanidade pública, financiada e xestionada pola administración pública e que respecte os seus principios fundamentais: universalidade, equidade, gratuidade, carácter redistributivo, planificada por necesidades e participativa, garantindo un funcionamento democrático, transparente, realmente efectivo e avaliable, dos órganos de participación, nos que están incluídas as asociacións de pacientes, órganos estes xa previstos na lexislación sanitaria vixente, cuxa actividade é actualmente, no fundamental, meramente propagandística e baleira de contido.

En duro contraste cos principios enunciados, sufrimos nos últimos tempos unha campaña neoliberal de ataque e desmantelamento dos sistemas públicos de saúde, que encontrou un firme aliado no Goberno galego.

A decisión de combinar unha redución do orzamento sanitario co recurso ao sector privado para construír, restaurar, equipar e xestionar os centros sanitarios leva ao sistema a unha situación de limitación dos recursos necesarios para o mantemento da actividade dos servizos, e a un grao de endebedamento incompatíbel co sustento do sistema público que manteña as condicións de universalidade e gratuidade, e que garanta a accesibilidade á atención de saúde en condicións equitativas para toda a poboación.

Quen defendemos a Sanidade Pública sabemos que é manifestamente Mellorable, e levamos anos reclamando as medidas necesarias para facelo.

Pero as medidas que se tomen para Mellorala, teñen que respectar o marco da propia Sanidade Pública e potenciar os seus valores.

O que se pretende agora é romper ese marco e rematar con eses valores e introducir os valores do MERCADO.

En contra do que din, xa non tratan de mellorar a sanidade pública ou de introducir medidas que garantan a súa supervivencia.

O que intentan é liquidala, liquidala por traspaso aos grandes grupos financeiros internacionais, que como todas e todos sabemos teñen unha fonda preocupación pola nosa saúde, …si xa saben, eles mesmos o dixeron, están preocupados pola alta supervivencia das persoas e pensan que isto pode supoñer un problema para os seus intereses nos fondos de pensións.

O conxunto das medidas de recorte e privatización supoñen, entre outras cousas:

·         Recortes do gasto sanitario público e incremento dos concertos con centros privados.

·         Pagos de receitas por parte de pensionistas e a supresión do financiamento público de máis de 400 medicamentos.

·         Pago por transporte non urxente en ambulancias, por próteses, cadeiras de rodas, muletas e alimentos especiais para pacientes graves.

·         Proxectos de privatización de hospitais como os de Vigo e Pontevedra.

·         A paralización da construción de 66 centros de saúde (reducidos a 15 e coa metade de recursos previstos).

·         O abandono da Atención Primaria e a paralización do seu plan de mellora, o que contradí as recomendacións dos organismos internacionais de que só unha Atención Primaria forte pode preservar a saúde da poboación, especialmente en tempos de crise económica.

·         Desmantelamento das áreas sanitarias coa desculpa do aforro, para favorecer os intereses privados.

·         Mantemento do concerto singular co hospital privado POVISA, defendendo, sen concesións, un concerto singular inédito no Estado, que só conseguiu multiplicar por tres as listas de espera da poboación da súa área de influencia.

·         Privatización dos servizos de información, plataforma informática, central de compras, etc que beneficiaron a empresas amigas. A privatización da xestión das Tecnoloxías da información e da plataforma loxística supuxo a infrautilización dos excelentes profesionais de que dispón o SERGAS mentres se poñen os recursos e os datos da poboación galega, especialmente sensibles, en mans privadas.

·         A aplicación do Real Dercreto16/2012 que pretende acabar coa asistencia sanitaria gratuíta, e que crea unha oferta de servizos limitada que obrigará a pagar polos non incluídos na mesma.

·         A retirada do acceso universal á Sanidade Pública e o recoñecemento do dereito á asistencia para quen teña a condición de “asegurado”, deixando fora a persoas excluídas ou inmigrantes sen papeis.

·         A paralización da actividade dos hospitais públicos pola tarde o que incrementou nunha terceira parte os tempos de espera, polo que hai máis de 40.000 pacientes nas listas de espera públicas e outro tanto nas ocultas.

·         Despedimentos e contratacións en precario de centos de profesionais da sanidade pública de todas as categorías.

Neste contexto, a cidadanía, organizada en torno á Plataforma SOS Sanidade Pública, decide por en marcha unha iniciativa para cambiar a normativa legal que impida que continúen a tomarse estas medidas e que se recupere o carácter de servizo público da sanidade.

O artigo 43 da Constitución recoñece o dereito á protección da saúde, correspondendo aos poderes públicos organizaren e tutelaren a saúde pública, mediante as medidas preventivas, as prestacións e os servizos necesarios.

É competencia da Comunidade Autónoma de Galiza, consonte aos artigos 148 e 149 da propia Constitución e ao artigo 33 do Estatuto de Autonomía de Galiza, o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior, así como en materia de Seguridade Social, excepto as normas que configuran o seu réxime económico.

A Lei que presentamos opta expresamente pola xestión pública directa das institucións sanitarias do Sistema de Saúde de Galiza, na liña histórica marcada pola Lei xeral de sanidade do ano 86. Rexéitanse así as fórmulas de colaboración público-privada, PFI, PPP, ou calquera outra que supoña rematar coa xestión pública directa das institucións sanitarias, ou dos seus recursos tecnolóxicos, con experimentos en xestión como o socio tecnolóxico, forma de “colaboración público-privada” para a xestión de equipos tecnolóxicos de diagnóstico, incluíndo a imaxe médica (xa actualmente, o 50% das Resonancias Magnéticas de Galiza son de xestión privada).

En países do noso contorno, estas fórmulas de colaboración público-privada xa produciron un contrastado empeoramento da calidade asistencial e un enorme aumento dos custos sanitarios.

Con esta Iniciativa Lexislativa pretendemos:

- Recuperar a Sanidade pública como servizo universal, gratuíto e de calidade, como responsabilidade do Goberno galego

-  Recuperar a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza, para o que a Comunidade Autónoma manterá o carácter público da titularidade, financiamento, xestión e provisión dos servizos sanitarios e socio-sanitarios. Ademais a prestación e xestión dos servizos sanitarios e socio-sanitarios do Sistema de Saúde de Galiza deberá levarse a cabo con recursos públicos..

- Pretendemos tamén mellorar a capacidade resolutiva en atención primaria, para logralo, o Servizo Galego de Saúde promoverá de xeito prioritario, coa dotación necesaria de persoal e medios tecnolóxicos, a mellora da capacidade resolutiva dos servizos de atención primaria, cunha cobertura equilibrada en todo o territorio galego e para toda a poboación, como instrumento fundamental de mellora da atención sanitaria.

- Mellorar a  xestión sanitaria configurando un sistema de xestión descentralizado territorialmente, promovendo a autonomía das áreas sanitarias como espazo para a planificación e xestión unitaria dos recursos sanitarios, e a coordinación cos sociosanitarios, que garanta a equidade e a racionalidade, sen que isto supoña a renuncia a decisións centralizadas sobre cuestións concretas que melloren a efectividade das decisións.

Como dicía ao principio, coa presentación desta Iniciativa Lexislativa Popular hoxe, neste Parlamento, xogámonos á existencia da Sanidade Pública.

Se vostedes deciden aprobala teriamos dado un paso moi importante, non estaría a batalla gañada, pero sería moito máis fácil facelo.

Se a maioría de vostedes deciden non aprobar esta iniciativa, a cidadanía organizada entorno á plataforma SOS Sanidade Pública continuará a defender, en todos os ámbitos onde lle sexa posible, a necesidade dunha Sanidade Pública Universal, gratuíta e de calidade. Será máis difícil facelo, pero sabemos que, se conseguimos chegar a explicarllo á maioría da cidadanía, temos tantas razóns do noso lado que ao final o conseguiremos.

E vostedes, as e os que hoxe aquí actúen contra a Sanidade Pública terán que explicalo.

En todo caso saúde PÚBLICA para todas e todos.

18D Concentración Parlamento de Galicia en Defensa de la Sanidad Pública

La Plataforma SOS Sanidade Pública convoca este martes una concentración frente al Parlamento de Galicia para respaldar el debate de la iniciativa legislativa popular (ILP) que ha impulsado esta entidad, coincidiendo con su discusión en la Cámara.



 



Esta plataforma, integrada por organizaciones vecinales, sindicales, usuarios, profesionales sanitarios, ONG, políticos y ayuntamientos ha promovido una ILP que tiene como objetivo "detener la política de recortes de la sanidad pública gallega para "garantizar el derecho constitucional a la salud de los gallegos".







El texto legislativo pretende la gestión directa de los centros sanitarios, la potenciación de la Atención Primaria y la promoción de la salud como alternativa a la crisis y a las áreas sanitarias, como espacio para la planificación y la gestión de los recursos.

Durante cuatro meses, las entidades que conforman esta plataforma han desarrollado actividades de información, debate y movilización social, recogiendo firmas en todas las áreas de sanitarias de Galicia, hasta alcanzar 30.000 firmas, "muchas más" de las 15.000 exigidas.

Concretamente, los puntos de la iniciativa apoyan la defensa del carácter público de la sanidad como garantía del derecho a la salud de todos los gallegos; la gestión pública y directa de los servicios sanitarios y el "rechazo a las formas de financiación y gestión privada introducidas por la Xunta"; y la necesidad de incrementar la capacidad resolutiva de Atención Privada, mejorando los recursos y el acceso a las tecnologías diagnósticas, como base de un sistema sanitario "accesible, equitativo y eficiente".

También incluye la necesidad de "mantener el modelo descentralizado" del sistema sanitario gallego a través de las áreas sanitarias, como espacios para la planificación, asignación y gestión integral de los recursos en base a las necesidades sanitarias de la población y con su participación activa.







lunes, 17 de diciembre de 2012


Satse denuncia que los ourensanos tendrán que pagar más de medio millar de viajes en ambulancia cada semana


Una media de casi 600 desplazamientos en ambulancia sometidos a copago por la Xunta de Galicia se realizan semanalmente en el área sanitaria de Ourense, según datos ofrecidos esta mañana por el sindicato Satse.
 




El colectivo sindical de enfermería presentó una consulta realizada el pasado viernes y que, explica su responsable provincial, Pilar Oviedo, permitir hacerse una idea de la importancia de una medida que consideran únicamente recaudadora y de claro desinterés por la salud y el interés general de la ciudadanía.
 
Según ese estudio, 105 ourensanos se desplazan 3 días por semana al complejo hospitalario de Ourense en ambulancia para recibir tratamiento de diálisis por afecciones renales. En el servicio de oncología, 60 pacientes acuden cada semana en ambulancia a recibir tratamiento contra el cáncer; lo mismo hacen en el área de radioterapia veinte ourensanos. En rehabilitación, servicio ubicado en el hospital de Piñor, el número de desplazados es muy superior, con una media de 40 al día, según los datos ofrecidos por Satse.
 
El cálculo aproximado semanal ofrece la cifra de 595 desplazamientos de ida y vuelta. Aun sin estar claro si el pago afectaría a los trayectos de ida y vuelta individualmente o de forma conjunta, la portavoz de Satse critica la imposición: «Con esas cifras e un copago de 5 euros, todo iso vai ser unha fonte de ingresos para as arcas do PP porque non sei onde vai ir parar, non vai repercutir, dende logo, na mellora da sanidade pública».
 

La plataforma pola defensa da sanidade critica la realidad virtual en que vive la sanidad ourensana




Las críticas fueron presentadas en el marco de una comparecencia de la «Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública de Ourense», con motivo del debate, en el Parlamento gallego, de una iniciativa legislativa popular contra el desgaste, los recortes y la privatización de la sanidad.

Anxo Pérez Carballo señaló, en nombre de la plataforma, que en Ourense existe una sanidad virtual y una real.
 
La virtual, dijo, es la que presenta periódicamente Alberto Núñez Feijoo en la ciudad, en torno al proyecto Hospital 2050.
 
La real, añadió, es la del doble pago de los medicamentos y de las ambulancias, por ejemplo, y la de los anuncios de embargos a pacientes que acudieron a los servicios de urgencias y están fuera del sistema tras los recortes decretados por los gobiernos del Partido Popular.

Fuente: lavozdegalicia.es

sábado, 15 de diciembre de 2012


30.000 Ourensanos han sufrido “BRUTALES RECORTES DEL GOBIERNO DE RAJOY” en materia de Dependencia


La diputada ourensana y portavoz del PSOE de discapacidad recuerda que a partir del próximo mes 1.300 cuidadores familiares ourensanos dejarán de estar en alta en la Seguridad Social y verán reducidas en un 15% sus prestaciones


La diputada socialista y portavoz del PSOE en materia de discapacidad, Laura Seara, lamenta que “ en el Sexto aniversario de la Ley de Dependencia, solo hay malas noticias para las personas dependientes”

Seara denuncia que “en tan solo un año, el PP ha desguazado la Ley de Dependencia”. Así, señala que, desde el pasado agosto tras la entrada en vigor del Real Decreto-Ley 20/2012, hay casi 10.000 personas menos atendidas. “Rajoy y su Gobierno llevan un año expulsando a los dependientes del sistema, con brutales recortes sobre personas que tenía derecho a recibir un servicio o una prestación y ahora ya no lo tienen” –apunta.

En el caso de Galicia, señala que “los recortes de Rajoy han supuesto la paralización de la Ley de Dependencia y la reducción de un 15% de las pretaciones por cuidados familiares”. Sobre este punto, destaca que además en 2013 –dentro de menos de un mes- los cuidadores familiares dejarán de estar de alta en la Seguridad Social. “Menuda forma de celebrar el aniversario de la Ley de Dependencia tiene el PP” –ironiza.

En Ourense, indica que hay 30.000 personas afectadas por “el hachazo” a la dependencia. De ellas, recuerda que cerca de 3.000 trabajan directamente en labores relacionadas con la Dependencia.

Respecto a los cuidadores familiares, recuerda que en la provincia ourensana existen 1.279 personas con convenio especial de cuidadores no profesionales. “Muchas de estas personas han tenido que renunciar a su vida laboral para cuidar a sus familiares y como recompensa el PP les expulsa de la Seguridad Social y les rebaja la prestación”.

La diputada socialista acusa así al Gobierno de “hacer peligrar la sostenibilidad del Sistema de Dependencia, porque ha recortado nada menos que en una tercera parte la financiación del Estado en los Presupuestos de 2012 y 2013 y ha aumentado el copago de los usuarios; de los dependientes y de sus familiares”

Seara le recuerda al PP que “La Ley de Dependencia se puso en marcha bajo el Gobierno Socialista con el acuerdo de todos y supuso el reconocimiento de un nuevo derecho de ciudadanía en nuestro país; el derecho de las personas que no se pueden valer por sí mismas a ser atendidas por el Estado al tiempo que se les garantizaba una serie de prestaciones con recursos y servicios”.

“Lo peor –incide- es que los recortes que realiza el PP son puramente ideológicos”. “En un contexto de crisis económica es necesario ajustar pero el Gobierno es quien decide si ajusta de un lado o de otro y el Gobierno de Rajoy siempre ajusta a costa de los más vulnerables”

jueves, 13 de diciembre de 2012


O Copago polo transporte non urxente é cruel e discriminatorio

 
O Goberno de Mariano Rajoy dá unha nova volta de torca na introdución de copagos ás persoas enfermas cun proxecto que pretende que as persoas que necesiten trasladarse aos centros sanitarios para recibir tratamento teñan que ir en ambulancias (por que as súas condicións físicas non o permitan), paguen unha parte do mesmo.
 
 
 
1.- Desde a ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA advertimos que esta medida forma parte da contrarreforma sanitaria contemplada no Real Decreto 16/2012 que introduzo o copago sanitario na sanidade pública. Primeiro foron os medicamentos para pensionistas, agora veñen o transporte en ambulancia e deica pouco o pago por consultas.
 
 
2.- Este pago supón un novo imposto que grava ás persoas máis enfermas, mentres se manteñen as exencións ás rendas máis altas (impostos capital, patrimonio, sucesións, etc,)

 
3.- Consideramos cruel e discriminatorio que as persoas con cancro, insuficiencia renal, que lles obriga a estar varias veces por semana pegados á máquina de diálise, ou que teñen necesidade de rehabilitación por enfermidades crónicas, etc , teñan que ademais pagar para trasladarse a recibir tratamento nos centros hospitalarios.
 

4.- A escasa contía das pensións (750 de media en Galicia) e as dificultades económicas que afectan xa á gran maioría da poboación fará que este repago impida a moitos pacientes poder recibir os tratamentos que necesitan.

 
5.- Desde a AGDSP facemos un novo chamamento a toda a cidadanía galega a manifestar a súa indignación polo desmantelamento e a privatización sanitaria e a rexeitar os novos copagos que ten previsto introducir o goberno (por consultas ou probas diagnósticas), antes de que as poñan en práctica, xa que van facer máis inaccesible o dereito á asistencia sanitaria.