domingo, 28 de octubre de 2012


Nova Lei de Tempos de espera no Sergas

Sobre as declaracións do Sr. Núñez Feijoo de que pretende aprobar unha Nova Lei que garanta aos pacientes que serán intervidos cirurxicamente en 60 días e se non é así o SERGAS financiaralles a súa intervención en centros privados e de que ampliará a elección de hospital a todas as áreas sanitarias, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar:
 
1.- Que este anuncio forma parte da política ficción e de malabarismos legais á que é tan proclive o presidente de Galicia. Así mentres a sanidade está entrando en picado polos recortes económicos (que obrigan a pagar os medicamentos próteses e ambulancias aos pensionistas e discapacitados); e polas reducións de actividade e recursos (que incrementaron nun 30% os tempos de espera), o presidente atrévese a sacar novamente da chistera unhas garantías de tempos de espera que sabe imposibles de cumprir e que abren a posibilidade de negocio para as clínicas privadas, que recibirán unha avalancha de pacientes que poderiamos estimar entre de 4.000 e 8.000 ao ano, a pagar con diñeiro público.
 
2.- Doutra banda Núñez Feijoo pretende acabar coas áreas sanitarias como espazo para a planificación e xestión racional e equitativa dos recursos. No modelo de mercado sanitario da Xunta, sobra a planificación dos recursos das área sanitarias para poder dar entrada á competencia entre hospitais. Isto dará oportunidade aos centros privados para competir cos públicos para captar clientela a pagar con fondos públicos (como esta pasando en Madrid con graves prexuízos para a atención e o gasto sanitario)..
 
3.- Volvemos esixir ao Goberno de Galicia que acabe coas política de recortes , desmantelamento e descapitalización do sistema sanitario público, e deixe de utilizar a lexislación e os temas sanitario para facer mercadotecnia e demagoxia política. A sanidade necesita recursos e xestión pública de calidade, cousa que se deixou de facer nesta comunidade desde a chegada de Núñez Feijoo ao poder e así nos vai.
 
                                  Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

miércoles, 24 de octubre de 2012


NOTA DE PRENSA DA ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DÁ SANIDADE PUBLICA RESULTADOS ELECCIÓNS GALEGAS

O triunfo por maioría absoluta do PP nas eleccións galegas pon en risco a sanidade nesta comunidade autónoma e por extensión en todo o Estado.

As declaracións dos máximos responsables deste partido, tanto en Galicia como en Madrid, afirmando que este resultado supón un referendo popular das súas políticas de recortes de gasto a costa do sector público. Aínda que houbo unha gran abstención e o PP perdeu máis de 140.000 votos, este partido incrementou en 3 os seus parlamentarios, polo que con apenas o 25% da poboación galega con dereito a voto, terá unha ampla marxe para lexislar novos recortes en Galicia á conta de usuarios e traballadores sanitarios. Hoxe mesmo Nuñez Feijoo afirma que o resultado electoral referenda as súas política de recortes e privatizacións sanitarias.

 Como consecuencia o sistema sanitario público galego atópase en grave perigo e é máis que previsible que co apoio dos resultados electorais acelérese o desenvolvemento das medidas contempladas no Real Decreto 16/2012 en Galicia e no resto do Estadio. Os recortes na carteira de servizos, o copago por asistencia sanitaria non incluída na mesma, as reducións de persoais nos centros sanitarios e novos recortes salariais aos sanitarios públicos, son algunhas das medidas que previsiblemente porán en marcha a curto prazo, especialmente se hai rescate por parte da Unión Europea.

A Asociación Galega para a Densa dá Sanidade Pública fai un chamamento a cidadáns e sanitarios para que reforcen as alianzas para facer fronte a estas políticas. Dada a fraudulenta maioría absoluta do PP no Parlamento de Galicia non queda outra vía para salvar o sistema que a mobilización na rúa e centros sanitarios dunha alianza social e profesional que conte co apoio dos sindicatos e de todos os partidos políticos progresistas. A saúde é un dos dereitos fundamentais dos cidadáns.

Por iso consideramos fundamental para a sanidade pública galega o mantemento e potenciación da Plataforma SOS Sanidade Pública e a súa presenza activa dentro da Alianza Social Galega promovida polos sindicatos UXT, CIG e CCOO. A mobilización social e sanitaria é agora a última barreira contra a deterioración e privatización da sanidade pública na nosa CCAA.


                                  Asociacion Galega  para a Defensa da Sanidade Pública

viernes, 19 de octubre de 2012


Recortes novo hospital de Vigo

Ante as declaracións do SERGAS e de Núñez Feijoo nas que recoñece que o Novo Hospital de Vigo sufriu serios recortes, que atribúe a Concesionaria, e que renuncia a construír novos centros pola Iniciativa de Financiamento Privado (PFI) polos elevados custos da mesma, a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:

1.- O SERGAS recoñece por fin as denuncias que desde fai máis de tres anos vén realizando a nosa Asociación e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, dos recortes do Novo Hospital. A realidade a longo prazo é imposible de ocultar, polo que ata un mentireiro compulsivo ten que acabar recoñecendo a verdade.

2.- Nuñez Feijjo asume o último dia de campaña que a obra do Novo Hospital de Vigo sufriu serios recortes, que atribúe á Concesionaria privada, e dos que non se enterou ata agora. É inconcebible que os planos e as obras dun edificio tan enorme poidan ser levados a cabo sen ningún control por parte da Aministración Sanitaria, maxime cando estes foron denunciados reiteradamente por esta Plataforma, á que se acusou sistematicamente de mentireira.

3.- A realidade e que estes recortes foron impulsados polo propio SERGAS para facilitar o negocio ás empresas privadas concesionarias e para manter a POVISA como hospital de área. Se isto non fose así a actual administración sanitaria non cumpriu coas súas obrigacións de supervisar o desenvolvemento das obras ou é dunha incapacidade incompatible coa función de gobernar.

4.- Feijoo recoñece agora que renuncia ao financiamento privado das novas infraestruturas sanitarias por que non pode pagalas dados as súas elevadísimos custos. Este modelo de privatización de hospitais non é máis que un artificio contable para acometer infraestruturas públicas para garantir o beneficio privado das empresas concesionarias, o  Presidente, anuncia hoxe nun exercicio de cinismo político, que aínda que non se van a seguir utilizando fórmulas de colaboración público-privadas para la construción de hospitais, EL DE VIGO NO HAY MÁS REMEDIO QUE CONTINUARLO. Por culpa da PFI na construción do hospital leva tres anos de retraso cando as elevadísimas listas de espera obrigan a trasladar pacientes a Pontevedra. O SERGAS, concedió a ACCIONA una prórroga de tres meses para entregar a obra.

5.- Esiximos que a Nova Administración que saia das eleccións asuma o compromiso de devolver o financiamento e construción da obra ao sistema público (pedindo a indemnización correspondente á Concesionaria polo incumprimento do contrato), que se restituían os servizos eliminados do proxecto e que se recuperen as camas de POVISA para que este hospital deixe de ter o Concerto Singular e a responsabilidade de atender ás poboacións do Cangas, Moaña, Coia e Valmiñor.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo

lunes, 8 de octubre de 2012


ANÁLISE DA SITUACIÓN E PROPOSTAS SOBRE A SANIDADE PÚBLICA GALEGA.