lunes, 14 de octubre de 2013


A mellora da financiación sanitaria debe ser con " Impostos Progresivos "


Asociacion Galega para a Defensa dá Sanidade Publica ante o anuncio da Xunta de que se vai a incrementar o imposto sobre as gasolinas para recaudar fondos para Sanidade, ten que sinalar:


- Estando de acordo en que é necesario aumentar os fondos destinados á Sanidade Pública, é evidente que este tipo de imposto sobre o consumo ten o efecto de profundar a desigualdade porque penaliza igualmente ás persoas con poucos recursos económicos que aos que os teñen moi elevados

-  O máis razoable é que os impostos sexan progresivos de maneira que sexan maiores para as persoas con máis recursos e menores para quen teñen menos ingresos, o que é especialmente importante nun momento de grave crise económica como o actual. Chama a atención que a Xunta pretenda subir os impostos de xeito indiscriminado mentres mantén sen tocar algúns outros como o patrimonio, sucesións ou o imposto sobre sociedades que si teñen un carácter progresivo e son máis equitativos.


- Tamén é necesario recordar que o imposto sobre carburantes non ten un carácter finalista e que a súa subida supón maiores ingresos, que a Xunta pode utilizar con fins moi distintos aos sanitarios, co que nos atopariamos cunha escusa para aumentala presión fiscal sen mellorar o financiamento sanitario

En resumo, entendemos que hai que mellorar o financiamento sanitario que é un aspecto crave para garantir a protección social nun momento de crise económica, pero que estes debe de facerse mediante impostos progresivos que aseguren unha maior recaudación de quen máis teñen.

 

Imágenes integradas 1

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.