Despedimos un ano nefasto para os dereitos sanitarios en Galicia cunha sanidade afectada polos recortes, o desmantelamento de servizos e as privatizacións.
1.- Redución do orzamento sanitario público (xa levamos máis de 800 millóns)
2.- Recortes de persoal con xubilacións forzosas aos 65 anos si reposición e despedimentos de persoal eventual. Os traballadores sanitarios atópanse sumidos no malestar e na desmotivación polas baixadas de soldos (20-25%) e a perda de dereitos laborais.
3.- Copagos en farmacia para os pensionistas (con incremento de achega no réxime xeral), transporte en ambulancia non urxente, próteses, orteses e alimentos especiais e a supresión do financiamento a máis de 400 medicamentos moitos pensionistas (en torno ao 17% dos pensionistas non retiran algún medicamento prescrito)
4.- Obrigatoriedade de pagar os medicamentos hospitalarios para enfermidades graves como o cancro e outras enfermidades de elevada mortalidade.
5.- Perdida do dereito á atención sanitara: O desenvolvemento do RD Lei 16/2012 só garante este dereito a quen cotiza á Seguridade Social deixando fóra a mozas, parados de longa duración, inmigrantes sen papeis, vulnerando a Constitución e a Lei Xeral de Sanidade. As medidas de atraso na súa aplicación, postas en marcha para evitar o estalido social, son provisionais e non se compren en gran parte dos casos.
6.- Recorte da Carteira de Servizos (creáronse tres , dous das cales obrigan a pagar polos servizos). Comezouse pola reprodución asistida
7.- Incremento da privatizacións: Novo Hospital de Vigo (un escándalo ao facerse cargo do seu financiamento o SERGAS vulnerando o contrato que obrigaba a realizalo ás Concesionarias); Central de Chamadas; xestión e reposición novas tecnoloxías, central de compras, laboratorio avanzado, etc (estanse a apoderar de todo o sistema). A firma do Concerto Singular con POVISA para seguir sendo hospital de área é un escándalo económico e sanitario.
8.- Utilización das Unidades de Xestión Clínica como instrumentos para iniciar a privatización dos centros ao transformar os servizos en empresa autónomas con capacidade de competir, fraccionando así os hospitais e creando un mercado sanitario con participación do sector privado.
9.- Reforma da Lei do aborto destinada a impedir que este dereito sexa exercido polas mulleres, ás que ademais se priva do dereito a decidir sobre o seu corpo
10-. Persistencia na estratexia de desmantelamento das áreas sanitarias con pechaduras de servizos
11.- Incremento das Listas de espera, especialmente a quirúrxica
Todo isto constata que A Xunta rendeuse ás políticas do Goberno de Rajoy e da cuestionada Ministra de Sanidade Ana Mato.
Con todo a unidade sindical, co apoio da a Plataforma SOS, permitiu a convocatoria dunha Folga Xeral da Sanidade cun importante éxito de participación profesional e de apoio social.
Aínda que desde as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública realizamos importantes esforzos para frear este proceso é necesario ampliar a alianza a novos colectivos (creación da SOS Mocidade, Plataformas Mulleres derecho a Decidir, etc) e mellorar as nosas formas de traballo e de comunicación para frear a privatización e o deterioro da sanidade pública
2014 deber ser o ano da mobilización total en Defensa da Sanidade Pública, fraguando e ampliando a alianza cidadá cos/as profesionais sanitaros/as e con outros colectivos afectados polos recortes como dependentes, pensionistas, discapacitados, etc.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.