viernes, 21 de marzo de 2014


Os homes dá conselleira de Sanidade

Onte publicouse no DOG a renovación do consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia, de elección directa por parte da Conselleira Mosquera.

Na AGDSP puntuamos de 0 a 16 os criterios de selección, sendo 0 si ningún dos membros o cumpre e 16 se o cumpren todos eles

1- Ser profesional do SERGAS en exercicio- 5 puntos. Só 5 de 16 membros son profesionais en activo no SERGAS (con máis de 33.000 profesionais en plantilla na actualidade)
 
2- Traballar en Centros de Saúde- 0 puntos. Ningún dos asesores nomeados e médico ou enfermeira nun Centro de Saúde
 
3- Ser médico ou enfermeira coa maior parte dá actividade dedicada a asistencia aos pacientes: 0 puntos. Ningún membro do consello asesor e profesional médico ou de enfermaría dedicado en exclusiva a asistencia aos pacientes no SERGAS.Todos os membros son persoal xubilado, ou que soamente teñen actividade privada ou que están dedicados a labores de docencia ou de investigación. Os tres profesionais máis relacionados coa asistencia son xefes de servizo.
 
4- Pertencer ao sexo feminino- 2 puntos, xa que só 2 integrantes dous 16 son mulleres, unha enfermeira e unha asistente social, malia que o 75% dos profesionais do SERGAS son do sexo feminino.
O nomeamento do alcalde do PP de Baiona, médico en excedencia, vai non mesmo senso, segundo as súas afirmacións recentes con respecto ao dereito ao aborto "É certo que abortos houbo toda a vida. En Esparta eliminaban as persoas con certa discapacidade",
 
5- Pertencer a provincia da Coruña- 9 puntos. Só 5 dos 16 membros do consello pertencen as outras 3 provincias galegas
 
6- Ter vinculacións coa empresa privada a través de aseguradoras ou fundacións- 10 puntos. Só 4 dos 16 membros carecen deste tipo de vinculacións, e só 1 dos médicos asesores nomeados. Estas vinculacións son esencialmente coa sanidade privada, a industria sanitaria privada, os fondos de investimento e a industria alimentaria.
Sinalar, póla gravidade do feito , dada a alta taxa de obesidade dos nenos galegos, que un dos asesores elixidos é membro dá American Meat Science Association (AMSA), agrupación de multinacionais norteamericanas de gandeiros, procesadores de productos cárnicos (hamburguesas e carne enlatada) e das sementes transxénicas.

A elección do consello asesor, ademais dos tintes localistas xa evidenciados noutras decisións dá conselleira Mosquera, denota un forte rexeitamento a Atención Primaria de saúde e aos profesionais dedicados a asistencia aos pacientes nos hospitáis do SERGAS, as mulleres traballadoras e aos profesionais sen connivencias coa industria.
 
Esta elección denota a política privatizadora e de costas aos profesionais do sistema público que se quere aplicar coa Xestión Clínica que se pretende implantar.
 
Que non nos engane a conselleira con falsas promesas. Xa sabedes “Dime con quen andas e che direi quen es”
 
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

As Áreas de Xestión Clínica: unha ameaza para a Sanidade Pública e a Atención Primaria.

As Áreas de Xestión Clínica (AXC) promovidas polo goberno central representan, no caso de que cheguen a implantarse, un ataque contra o Sistema Sanitario Público e un serio risco para a súa sustentabilidade. Ademais contribúen a marxinar aínda máis á Atención Primaria (AP), en detrimento da equidade e a racionalidade do sistema.
O concepto da xestión clínica asociase tradicionalmente a dotar de máis capacidade de decisión aos profesionais, a mellorar a integración dos servizos asistenciais, ao traballo por procesos e á toma de decisións baseada na evidencia científica. O modelo que pretende impoñer o goberno non responde a estas formulacións; moi ao contrario, esta proposta vai dirixida a avanzar na privatización, utilizando a vía da microxestión de servizos asistenciais.

Pretenden cambiar o actual modelo sanitario, baleirando de contido e responsabilidade á Atención Primaria. A Lei Xeral de Sanidade asignou á  AP a función de xestionar e coordinar os procesos asistenciais e a atención dos pacientes no sistema. A  AP está orientada no noso país a prestar unha atención integral ao paciente, facilitar a accesibilidade aos servizos, coordinar os procesos asistenciais e traballar por programas priorizados. Coa novas Unidades preténdese trasladar estas funcións a unhas estruturas, as AXC, que serán controladas polas especialidades hospitalarias, dada a desproporción de poder existente na actualidade entre a AP e a hospitalaria. Hai que recordar que o presuposto de AP non alcanza o 15% do gasto sanitario, e que dende a aplicación dos recortes sanitarios se reduciu nun 16%, mentres que o hospitalario medrou un 2%. Non é razoable nin eficiente traspasar funcións propias do nivel primario (como a promoción, prevención, asistencia, coidados de enfermaría, rehabilitación, reinserción social, investigación e docencia) a unhas estruturas hegemonizadas polas especialidades hospitalarias, baleirando así de contido á AP.

Aínda que se publicitan como unha forma de mellorar a coordinación dos servizos e dos niveis do sistema, a realidade é que o fragmentan en múltiples entidades empresariais que deixan sen competencias á AP
. As AXC substitúen as Áreas de Saúde que, segundo a Lei Xeral de Sanidade, teñen a responsabilidade de garantir a xestión integrada de todos os centros sanitarios a nivel territorial. No actual modelo a atención integral e o desenvolvemento de programas deberían estar coordinadas por AP. Coa implantación da Xestión Integrada xa deron o primeiro paso para o desmantelamento deste modelo ao eliminar as Xerencias de AP, que foron absorbidas polas Xerencias Hospitalarias, faena que agora pretenden rematar. Estas AXC poderanse desenvolver aplicando múltiples fórmulas organizativas (AXC -Centros de Saúde ou servizos hospitalarios-, Áreas ou Institutos de Xestión Clínica que agrupan a diferentes servizos ou unidades, EBAS, combinacións de estruturas de primarias e especializada etc), co que fragmentan o sistema e deixan a AP sen a posibilidade de controlar os procesos asistenciais.

Incrementan a burocracia, a irracionalidade e os gastos administrativos. A proposta de AXC inclúe o desenvolvemento de novas estruturas administrativas, pero mantendo as xerencias, xefaturas de servizos e equipos de AP. Todo isto multiplica as estruturas burocráticas, limita a xestión racional dos centros e xera conflitos e enfrontamentos de poder, co que se fai imposible o goberno do sistema, ademais de aumentar o gasto sanitario a expensas duns maiores custos administrativos.

Favorecen a creación de modelos diferenciados dentro do sistema, e o incremento das desigualdades asistenciais, especialmente en AP. O carácter voluntario da adscrición ás novas unidades, o rexeitamento de gran parte dos profesionais a integrase, os contratos programa que diversifican a oferta de servizos e os incentivos vinculados ao aforro, favorecen o xurdimento de dous modelos diferentes dentro do sistema (os de Xestión Clínica e os de Xestión Tradicional). Está claro que se potenciará os que se vinculen ás mesmas unidades de xestión, marxinando os profesionais que non acepten a integración. Que os centros de AP, que acepten transformarse en AXC, poidan ter carteiras de servizos propias e a ausencia de planificación por necesidades e problemas, favorecerá o desenvolvemento de ofertas diferenciadas que respondan aos intereses das empresas ou dos profesionais que as integren, en detrimento das necesidades da poboación, co que se rompe coa equidade e se contribúe a incrementar as desigualdades e a irracionalidade do sistema.

En Galicia o actual goberno ten demostrado o seu nulo compromiso coa Sanidade Pública e coa AP. O severo recorte orzamentario castigou aos profesionais (un 14% menos orzamento de 2010 a 2014) e á AP: a reducción do gasto, a anulacion do Plan de Mellora e a posta en marcha das Xerencias Integradas anularon a capacidade de xestión deste nivel asistencial. As decisións deste goberno están orientadas á privatización crecente e a reforzar o hospitalocentrismo. Non se contempla a AP como eixo para o necesario cambio de modelo asistencial. Un goberno con tantos conflictos de interese coa sanidade privada non ten credibilidade para promover un proxecto de  xestión clínica na sanidade pública. O  proxecto de AXC que pretende implantar é unha decisión politica, e non só unha cuestión técnica ou xerencial como adoitan afirmar.
Ademáis, a modificación do Estatuto Marco do persoal estatutario, feita polo goberno central en xullo de 2013, pode representar unha ameaza seria no ámbito laboral.

Por todo o exposto consideramos que o PP, desde o goberno central e as autonomías donde goberna,  pretende utilizar este instrumento de xestión para fragmentar e afondar na privatización do sistema, favorecendo a creación de entidades empresariais acollidas ás novas formas de xestión privada (Lei 15/97) con presuposto propio e capacidade para competir. Pretenden desmantelar o sistema sanitario, crear un mercado sanitario interno que os neoliberais levan anos tentando desenvolver, facer cómplices aos traballadores sanitarios das políticas de recorte do gasto, e facilitar a entrada ao sector privado no sistema público. Ademáis anulan o modelo de saúde comunitaria, coordinado por AP, afondando na marxinación deste nivel asistencial ao que deixan sen ningunha capacidade de influencia, incrementando a burocracia, a irracionalidade e o gasto do Sistema Sanitario Público.

Por eso reclamamos: a paralización da implantación das AXC  tal como se está facendo, a recuperación das Xerencias de Atención Primaria, a restauración dos orzamentos da sanidade pública, e o impulso dun amplio debate social para frear o desmantelamento dos servizos públicos que están a realizar os actuais gobenantes desde o propio poder.
.
Manuel Martín García. Presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública.
Pablo Vaamonde García. Médico de familia. Exdirector xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.

viernes, 7 de marzo de 2014


SEARA EXIGE AL GOBIERNO QUE ACLARE URGENTEMENTE SI OURENSE PERDERÁ LOS FONDOS EUROPEOS PARA EL HOSPITAL 2050

Después de que el Tribunal ha paralizado la concesión de los servicios del CHOU, que el SERGAS vinculó a la realización de las obras de un nuevo edificio del hospital
 
 
 
 
Acusa a Feijoo de “engañar” a los ciudadanos y le pide al Ministerio “que esta vez no se lave las manos”  y “que explique las causas de la paralización de la concesión”.
 
La diputada socialista ourensana ya advirtió en junio del pasado año del riesgo de perder los fondos por “el desinterés del Gobierno y las artimañas de Feijoo”.
 
 
La diputada socialista ha presentado en el Congreso una batería de preguntas parlamentarias con las que exige al Gobierno “que aclare si mantiene la ejecución de los proyectos Hospital 2050 en Ourense e Innova Saude” y “que explique si el Gobierno garantiza el mantenimiento de los fondos europeos destinados a la modernización del Complejo Hospitalario de Ourense (CHOU)”.
 
Seara advierte del riesgo de pérdida de dichos fondos dado que el Tribunal Administrarivo Central de Recursos Contractuales ha paralizado el proceso de concesión de la gestión integral de espacios para el CHOU y toda vez que el SERGAS, dependiente de la Xunta de Galicia, vinculó dicha concesión a la realización de las obras del plan director del hospital. Por ello, le pide asimismo al Gobierno respuesta sobre cuáles han sido las razones técnicas de la paralización de dicho proceso, así sobre en qué situación se encuentran en estos momentos los Proyectos Hospital 2050 e Innova Saude.
 
Para la diputada, “las artimañas de Feijoo han puesto en riesgo estos proyectos para la puesta en marcha de un nuevo hospital inteligente, en el CHOU, y de diversos proyectos tecnológicos para modernizar la sanidad gallega”. El Hospital 2050 y el Innova Saude –explica- son dos planes por un valor conjunto de 90 millones de euros que pretenden ser pioneros en Europa y que por ello tienen financiación europea con cargo a fondos FEDER.
 
Así, Seara le recuerda a Feijoo que “estos fondos no están destinados al ‘ladrillo’ a pesar de que la propia Xunta de Galicia apuntó que estaba garantizada la financiación suficiente para construir el nuevo edificio de hospitalización. “Feijoo pensó que con estos fondos podría reducir costes en la infraestructura y por ello, con una maniobra rocambolesca, vinculó la concesión de los servicios del CHOU con la realización de las obras del plan director del hospital”. “Flaco favor ha hecho el Presidente de la Xunta de Galicia a la sanidad ourensa y gallega” –critica.
 
En junio de 2013, la diputada ourensana ya denunció que Ourense perdería los fondos europeos para el Hospital 2050 si la Xunta no construía el edificio, después de que así se lo confirmó a Seara la Secretaria de Estado de I+D+I en una comparecencia en el Congreso. En aquel momento, la Secretaria de Estado confirmó además que el presupuesto está vinculado al proyecto Hospital 2050 pero no necesariamente a la ciudad de Ourense, de modo que si la Xunta decidía ejecutar dicho proyecto en otro sitio y no en Ourense no sería responsabilidad del Ministerio. Ya entonces, Seara acuso a Feijoo de engañar a los ciudadanos y lamentó la falta de interés del Gobierno.
 
Ahora Seara le pide al Gobierno “que esta vez no se lave las manos”